BENVIDA Á EXPERIENCIA VERMELLA

Construír igualdade rachando o último tabú.

mancha-sangre-png-1_edited.jpg
 

800 millóns de mulleres, nenas e disidencias están menstruando neste momento no mundo. Pero sabedes que? Van facer o imposíbel para que non nos deamos conta. Porque diso non se fala. E as nenas apréndeno axiña.

En 2014 o Consello de Dereitos Humanos da ONU declarou que o estigma ao redor da regra e a falta de medios para xestionar a menstruación supoñen un escollo na loita pola igualdade e menoscaban os dereitos das mulleres e nenas.

Como podemos falar de coeducación e construír igualdade se nenas e mulleres rexeitan e senten asco polo seu corpo?

Ante a falta de recursos dispoñíbeis na Galiza creamos no 2018 a EXPERIENCIA VERMELLA a partir do meu libro Vermella, gañador ex-aqueo do I Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade e destacado no Catálogo de Literatura Infantil e Xuvenil de España 2018 da OEPLI. 

Este programa engloba dispositivos multiformato como obradoiros, formación e materiais didácticos coeducativos e performáticos dirixidos a toda a comunidade escolar –nenas, profesorado, familias e sobre todo varóns– e outros espazos colectivos cos seguintes obxectivos:
1- Combater a violencia do tabú da menstruación construíndo representacións e vivencias positivas a través do coñecemento e autocoidado.
2- Reflexionar sobre a relación entre desigualdade, violencia e o lugar que ocupa a menstruación e o feminino na sociedade.

3- Tomar consciencia da responsabilidade individual e colectiva nas posibilidades de cambio.

4- Facilitar o día a día das mozas e mulleres, mellorando a calidade de vida de todas as persoas.


Anímate a descubrir e vivir a túa propia EXPERIENCIA VERMELLA!

 

DISPOSITIVOS QUE FAN PARTE DA EXPERIENCIA VERMELLA

 
 
Diapositiva01_edited_edited_edited.jpg
 

MÁIS INFORMACIÓN

Descarga o dossier sobre o Programa da Experiencia Vermella con información en detalle de formatos, contidos, obxectivos e metodoloxía dos distintos dispositivos.

ALGUNHAS ACTIVIDADES E EVENTOS

CONGRESO COEDUCACIÓN UAM
CONGRESO COEDUCACIÓN UAM

press to zoom
XOGO DAS PINGAS
XOGO DAS PINGAS

press to zoom
PRESENTACIÓN VERMELLA
PRESENTACIÓN VERMELLA

press to zoom
CONGRESO COEDUCACIÓN UAM
CONGRESO COEDUCACIÓN UAM

press to zoom
 

CONTACTO

Se gostas de organizar un obradoiro e queres máis información, mercar A bolsa Vermella, solicitar formación, diagnóstico e/ou asesoría en Igualdade e Prevención da Violencia de Xénero, facer achegas ou estar en contacto, escríbenos!


experienciavermella@gmail.com

¡Gracias por tu mensaje!

logo experiencia vermella.png